Na miña
reflexión individual do módulo tres, escollín o tema da orientación laboral con persoas
discapacitadas por dous motivos:
- interésame profundizar no tema das políticas activas de emprego das persoas con discapacidade para adquirir coñecementos sobre as medidas o programas que afectan a este colectivo e que poida orientalos cando acuden, direccionados ao Servizo de Orientación Laboral.
- coa finalidade de especializarme na inserción socio-laboral escollín como asignatura de libre configuración da Diplomatura de Relacións Laborais inserción social e laboral de adultos con minusvalías.
ORIENTACIÓN
LABORAL CON PERSOAS CON ESPECIAIS DIFICULTADES DE INSERCIÓN: POLÍTICAS DE
EMPREGO ESPECÍFICAS
As persoas
con discapacidade (intelectual, física, sensorial e trastorno mental) son o
colectivo con máis risco de exclusión social polas desigualdades de
oportunidades na formación e no emprego.
A efectos das políticas de emprego,
considéranse persoas discapacitadas aquelas que teñen recoñecido un grao de discapacidade igual o
superior ao 33%.Igualmente, considéranse tamén persoas
discapacitadas aos afectados por unha discapacidade en grao igual o superior ao 33%:os
pensionistas da Seguridade Social que teñan recoñecida unha pensión de
incapacidade permanente no grao de total, absoluta o gran invalidez, e a os
pensionistas de clases pasivas que teñan recoñecida unha pensión de jubilación
o de retiro por incapacidade permanente
para o servizo .
Segundo
a informe "Base estatal de datos de persoas de valoración do grao de discapacidade" publicado o 31 de decembro de 2013 polo Ministerio de
Sanidade e Servizos Sociais conxuntamente co Inserso, en Galicia a 31 de
decembro de 2013, hai unha poboación discapacitada que ascende a 231.930 dun
total de poboación de 2.765.940 persoas.
O persoal de orientación laboral no desempeño
eficiente do seu traballo con este colectivo tan numeroso e coa finalidade da
inserción dos mesmos, deberá poseer información sobre as iniciativas dirixidas
a fomentar o emprego destas persoas (políticas de emprego). Estas iniciativas son
a incorporación ao emprego ordinario/protexido e os centros ocupacionales.
Entre as
medidas de incorporación ao emprego ordinario destacan:
- a cota de reserva. Esta cota significa que as empresas con 50 o máis traballadores reservarán o 2% dos postos de traballo para persoas con discapacidade.
- Os incentivos á contratación consistentes en subvenciones á contratación por conta propia ou allea.
- o sistema de "emprego con apoio", que éun conxunto de actividades de orientación e acompañamiento individualizado que prestan preparadores laborais especializados, no propio posto de traballo, aos traballadores con discapacidade con especiais dificultades de inserción laboral que realizan a súa ctividade en empresas normalizadas, do mercado ordinario de traballo.
- ingreso nas Administracións Públicas. A cota de reserva de prazas para persoas con discapacidade é do 7 por cento.
O traballo
protexido é o que se desenvolve en “centros especiais de emprego” e nos “enclaves
laborais”.
- Nos centros especiais de emprego , que poden ser de iniciativa pública ou privada, no que se realiza un traballo productivo e asistencial a cambio dunha remuneración. O seu obxectivo é a incorporación dos discapacitados ao mercado ordinario de traballo.
- Os enclaves laborais consisten no traslado temporal dun grupo de discapacitados dun centro especial de emprego ás instalación ordinarias de una empresa normalizada a través dun contrato de arrendamento de servizos do centro a empresa.O obxectivo é o mesmo que nos centros especiais de emprego.
Centros
ocupacionais para discapacitados. Centros de formación ocupacional para a
inserción social e laboral de persoas con discapacidade.
Todas estas
iniciativas son o obxectivo das políticas de emprego orientadas a inserción
laboral deste colectivo para que poidan
desempeñar un emprego digno, acorde coas suas necesidades, demandas e
limitacións. Entre todos temos que contribuir a que neste século XXI se acade a plena inclusión laboral das personas con discapacidade.
Un video sobre la inserción laboral con persoas con discapacidade
Un video sobre la inserción laboral con persoas con discapacidade
No hay comentarios:
Publicar un comentario