A IMPORTANCIA DE DAR A COÑECER
OS SERVIZOS DO SPEG
SERVIZOS DO SPEG:
- Inscrición como demandante de emprego, acreditada polo denominado "DARDE".
- Modificar a situación administrativa da súa demanda.
- Clasificación e reclasificación como demandante de emprego.
- Consultar a súa demanda de emprego.
- Renovar a súa demanda para mantela en alta.
- Captura de pegada dactilar para a renovación da demanda na rede de puntos de información distribuídos pola xeografía galega.
- Recibir información e solicitar os servizos ofrecidos polo Speg.
- Solicitar informes en relación á súa demanda, para realizar trámites fora do Speg.
- Consultar ofertas de emprego activas, tanto públicas coma privadas, presentadas ao Servizo Público de Emprego.
- Consultar a oferta formativa dependente do Speg.
- Orientación laboral.
- Recibir información sobre o ámbito das políticas de emprego.
- Itinerario Persoal de Inserción (IPI).
- Formación para o emprego e programas experienciais.
- Certificación de profesionalidade.
- Información sobre a oferta formativa dependente do Speg.
- Información Rede EURES e outros programas (FARO, ARGO, FEUGA, LEONARDO, GALEUROPA, etc),
- Información sobre o mercado laboral.
- Información sobre ofertas de emprego.
- Intermediación laboral.
- Apoio ao autoemprego e ás iniciativas de economía social.
- Cando una persoa ou organización ofrece emprego, ofrece como servizo fundamental a posibilidade de xestionar as ofertas de emprego mediante a realización de sondaxes e cruzamentos coas demandas de emprego clasificadas, e o posterior envío dos demandantes seleccionados para dar resposta axeitada. Dentro desta xestión inclúese o apoio na definición dos requisitos da oferta para que respondan ás necesidades reais do posto a cubrir, e para ter maiores garantías de eficacia na selección de candidatos que resulten idóneos. Non obstante, a xestión de ofertas de emprego non esgota os servizos dispoñibles para ofertantes, que se completan cos seguintes:
- No caso de que a empresa non atope candidatos idóneos entre os remitidos dende o Speg, ofrécese a posibilidade de desenvolver programas experimentais de formación á medida con compromiso de contratación.
- Para os casos en que se produza a contratación, o Servizo Público de Emprego tamén ofrece o servizo de comunicación da contratación de xeito presencial nas oficinas de emprego, ou por Internet a través da aplicación Contrat@.
http://emprego.xunta.es/cmspro/contido
O SPEG intenta garantizar un servizo á comunidade, adecuado á realidade do mundo
laboral actual, implicándose profundamente, non só axustando a oferta coa
demanda de emprego.
Tódalas oficinas de emprego contan cun Servizo de Orientación laboral, para mellorar á atención a ese usuario, que
normalmente acude á oficina de emprego, desmotivado, desesperado e
desorientado.
Para ofrecer una orientación e intermediación laboral máis profunda, especializada e adecuada, dende este servizo debe de seguirse a traxectoria de cada demandante
dunha maneira personalizada, cun itinerario ou seguimento dende o primeiro
momento en que se van a anotar como demandantes de emprego (información de
dereitos, obrigas, servizos disponibles, opcións de emprego e de formación,
etc) e no caso das empresas, dende que formulan unha oferta de
traballo (envío de candidatos adecuados, información de subvencións, etc)
ata satisfacer as súas demandas.
Actualmente, pódese destacar:
Información, inscripción, prospección de empresas e intermediación laboral, en referencia a un PROGRAMA DE EMPREGO XUVENIL:
SISTEMA DE GARANTIA XUVENIL
PROGRAMA DE ACTIVACIÓN PARA O EMPREGO
Dirixido a:
- Mozos/as: entre 16 e 29 anos, que non estean estudando, nin traballando.
- Empresas: incentivos á contratación.
Información e inscrición en:
Oficinas de emprego
PRESTACIÓNS POR DESEMPREGO
Son competencia da Administración estatal, do Servicio Público de Empleo Estatal (SEPE).
No hay comentarios:
Publicar un comentario