2 de noviembre de 2015

REFLEXIÓN INDIVIDUAL DO MÓDULO III: FERRAMENTAS DE INSERCIÓN.





INTRODUCIÓN

Neste marco instrumental do módulo III analízase en profundidade todas aquelas accións de información, orientación profesional, motivación, asesoramento,diagnóstico e determinación do perfil profesional e das competencias,diseño e xestión da traxectoria individual de aprendizaxe,procura de emprego e intermediación laboral  que debe devolver o persoal de orientación laboral no desempeño diario  do seu traballo e as ferramentas para levar  levar a cabo estas accións. Asemesmo analízase o perfil competencial da persoa orientadora, os colectivos con  dificultades de inserción laboral. Tamén fai mención o módulo III ao organigrama dos servizos de orientación doutros países  da U.E e as funcións dos/as orientadores/as.

PERFIL DA PERSOA ORIENTADORA.

O/a persoa orientadora deberá posuir estudos universitarios de nivel medio ou superior. Terá que ter coñecementos de orientación laboral, seguridade social, pensións e prestacións,técnicas de xestión de grupos, selección de persoal e resolución de conflictos. Coñecemento do tecido empresarial da área de traballo e capacidade para procurar a información. Esixirase ter unhas competencias intanxibles como creatividade e innovación sobre novas ideas de actuación, capacidade de organización do traballo, vocación, orientación á persoa usuaria, iniciativa, responsabilidade, empatía.

COLECTIVOS CON DIFICULTADES DE INSERCIÓN LABORAL

O colectivo de persoas vulnerables atopánse en desventaxa no acceso ao emprego con respecto a outras persoas demandantes de emprego. Para eliminar estas desigualdades o personal de orientación laboral debe coñecer os factores que dificultan o acceso ao emprego e  deseñar e desenvolver accións destinadas a mellorar as condicións de empregabilidade destas persoas(formación, experiencia, habilidades sociais, información sobre o mercado de traballo, técnicas de procura de emprego, motivación, etc).

FERRAMENTAS PARA A  INSERCIÓN

A entrevista
Para realizar as funcións de información, orientación  e prospección de emprego, a persoa orientadora contan cunha técnica básica de atención e intervención , que é a entrevista. A entrevista é o punto de partida da orientación laboral.As entrevistas de intervención poderán ser individuais o grupais, segundo as necesidades na persoa orientada. Polo tanto ten que ser un instrumento flexible adaptado as circusntancias persoais da persoa orientada en todo o proceso de orientación.
A entrevista individual ten como finalidade:
  • Recoller información sobre a traxectoria formativa e laboral do demandante, os seus hábitos de procura de emprego,  súa situación social,características pesoais e a dispoñibilidade.
  • Avaliar o seu obxectivo profesional e analizar as accións a corto prazo para conseguilo (planificación).
  • Actitudes da persoa ante o emprego
  • Información profesional
  • Habilidades para encontrar un traballo e a súa efectividade.
As entrevistas individuales terán una duración aproximada de 60 minutos e poderán realizarse ata un máximo de 10.

As entrevistas grupais poderán realizarse para traballar aspectos concretos da intervención laboral para mellorar a empregabilidade e propiciar actitudes postivas cara o emprego ou o adestramento en técnicas de procura de emprego : talleres de recursos persoais ou talleres de procura de emprego. 

Itinerario personalizado de inserción

O itinerario de inserción e un conxunto de accións que se organizan nun proceso personalizado e lóxico que ten como obxectivos a inserción sociolaboral e o desenvolvemento profesional dos /as usuarios/as que participan no mesmo, especialmente a través da información e o asesoramento individual e grupal. 
A persoa orientadora deberá deseñar, realizar e facer o seguimento dos itinerarios individuales e personalizados que inclúan unha proposta de derivacións de accións  para a mellora da empregabilidade (desenvolvemento de aspectos persoais, procura activa de emprego, traxectoria formativa, emprendemento). O itinerario cubre a maior parte das necesidades da persoa e a fortalece para adaptarse aos cambios do contorno.

O Plan de empresa

A persoa orientadora deberá asesorar aos emprendedores sobre os plans de negocio e deberá acompañalos durante todo o proceso de elaboración do mesmo. O plan de viabilidade e unha ferramenta de comunicación interna e externa. Interna porque serve para pór por escrito os aspectos do negocio acordados polos promotores e é unha ferramenta de comunicación externa porque serve para mostrar a entidades financeiras o proxecto  e a súa viabilidade para conseguir financiamento.
A persoa orientadora deberá incentivar e poñer os medios dispoñibles para o apoio as iniciativas emprendedoras e a mellora da cualificación.

Ferramentas propias da selección de persoal

O currículo 

É a ferramenta fundamental para a procura de emprego. O currículo mostra a traxectoria formativa e laboral da persoa usuaria do servizo. O currículo ten unhos apartados comúns como son: datos persoais, formación reglada e complementaria, experiencia laboral, idiomas, coñecementos de informática e outros datos de interese.Pero tamén pode aparecer o obxectivo profesional, as competencias adquiridas na súa traxectoria persoal e profesional, referencias , logros.

A carta de presentación.

A carta de presentación debe acompañar sempre ao currículo, e debe resaltarse nela todo o adecuado para o posto de traballo ofertado.

Videocurriculum

Currículo creativo sobre todo para perfís relacionados con actividades creativas.

Ferramentas con soporte 2.0: portafolios dixitais, infografías, páxinas web profesionais, blogue profesionais.

A entrevista de selección.

A persoa orientadora deberá dar a coñecer ás persoas usuarias para que serve a entrevista de selección, as formas que adopta, tipos,que valoran os entrevistadores durante a realización. Hai que preparala en profundidade coas persoas demandantes porque nela ponse de manifesto as habilidades sociais, emocionais e as aptitudes persoais.

Dinámicas grupais.

As dinámicas grupais teñen como finalidade avaliar o comportamento do suxeito dentro nun grupo ante unha situación determinada. O grupo debe resolver un problema nun tempo concreto e o persoal técnico observa o comportamento de cada persoa no contexto da interacción grupal. Nestas probas avalíase sobre todo o liderado, a empatía, comunicación, negociación, traballo en equipo, iniciativa, etc.

Probas psicotécnicas

Probas técnicas específicas

Test de aptitudes

Análise grafolóxico

Networking para a procura de oportunidades profesionais.

Recursos para o autoemprego: webs do Igape, web da Consellería de Traballo e Benestar, asesoria virtual de cooperativas, web do Consello Galego de cooperativas, rede Eusumo, oficina do empregador.


Prospección de empresas

O persoal de orientación deberá xestionar ofertas de emprego adecuadas aos destinatarios, incentivando a captación das mesmas a través dun sistema de intermediación eficaz. Tamén deberá contactar coas empresas para difundir información sobre iniciativas que favorezcan a inserción laboral, facendo unha prospección das necesidades das empresas e o emparellamento entre as ofertas e as demandas de emprego, e o afloramento de ofertas latentes. Apoio as iniciativas emprendedoras e a mellora da cualificación.

A ORIENTACIÓN LABORAL NOUTROS PAÍSES DA U.E:DIFERENCIAS

  • A localización dos servizos de orientación sitúanse en centros educativos; organizacións empresariais, sindicais,
  • Áreas de intervención: educativa, laboral, persoal e social.
  • O desenvolvemento das tarefas que varía dependedo dos profesionais, da duración e da formación dos profesionais.

Perfís: conselleiro de orientación, psicólogo-orientador, profesor-orientador,insertor laboral, informador.

É para concluir a exposición do tema, un videocurriculum.

No hay comentarios:

Publicar un comentario