24 de julio de 2015

REFLEXIÓNS DO MARCO CONCEPTUAL DO MÓDULO 1 DE SANDRA BEATRIZ SANTA CRUZ MOJÓN

MARCO DE REFERENCIA DA ORIENTACIÓN LABORAL

INTRODUCIÓN

O programa de orientación laboral forma parte das políticas activas de emprego levadas a cabo pola Consellería de Traballo e Benestar en colaboración co Servizo Público de Emprego de Galicia (SPEG) e financiadas polo Fondo Social Europeo (FSE) , que ten por obxecto mellorar as posibilidades de acceso ao emprego das persoas desempregadas no mercado de traballo , por conta propia ou allea; ao mantemento do emprego e á promoción profesional das persoas ocupadas, e ao fomento do espírito empresarial e a economía social.

Polo anteriormente citado, a persoa orientadora no desempeño das súas funcións, ten que posuir coñecementos, e sabelos comunicar e transmitir, en materia de: mercado de traballo, certificados de profesionalidade, acreditación de competencias, cualificacións profesionais, formación para o emprego, institucións e organismos comunitarios en materia de emprego e emprendemento.


https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEi757LmpBJoAu6-K_Qp6ujeeycLKQ-p18y2fKsu-zHNzHpIbYQH35ScmTBlcq-G5KgY3Eoyr2tCm7Zu8IuWzeiJevvzALe20ifswvIuFwJOFEMaaqmaBgAceFMAMGoTCYZjn9jTkCHvl8E/s1600/politicas+activas+de+empleo.gif

 
1.MERCADO DE TRABALLO

O mercado de traballo  é a configuración da oferta e demanda de traballo. O comportamento e evolución destas forzas nos facilita información sobre as tendencias do mercado laboral actual.
A persoa orientadora debe coñecer o funcionamento do mercado laboral do seu ámbito de actuación e o comportamento das ocupacións, para poder asesorar a persoa desempregada na procura do seu obxectivo profesional.

2.CERTIFICACIÓN E FORMACIÓN PROFESIONAL

Os certificados de profesionalidade son o instrumento de acreditación oficial das cualificacións profesionais do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais no ámbito da administración laboral.Son o instrumento para proporcionar aos traballadores a formación requirida polo sistema produtivo e achegar esa formación á realidade do mercado laboral.Permiten certificar as competencias profesionais dos traballadores adquiridas a través da: experiencia profesional, a formación profesional para o emprego e a formación profesional inicial.

3.POLÍTICA SOCIAL E DE EMPREGO DA UNIÓN EUROPEA

Polo alto índice de desemprego que padecen moitas das economías dos países membros , moitos dos seus cidadáns deciden procurar emprego ou formarse  noutro país da UE en virtude a que gozan da liberdade á libre circulación de traballadores e persoas, que inclúe ademais o dereito de desprazamento e residencia do traballador, o dereito de entrada e residencia dos membros da familia.

Polo anteriormente citado, a persoa orientadora debe ser coñecedora de toda a información sobre a política social e de emprego no seno da Unión Europea para poder asesorar a calquera cidadán que desexe beneficiarse do principio da libre circulación das persoas.

4.A INICIATIVA EMPRENDEDORA COMO FORMA DE ACCESO AO MERCADO LABORAL

O emprendemento é unha boa opción de acceso ao mercado laboral debido as dificultades actuales atopar emprego por conta allea.
 A persoa orientadora deberá fomentar a cultura emprendedora e impulsar a creación de emprego, a través de charlas, seminarios ou coloquios, ao constatar que o grao de benestar e riqueza dunha economía está directamente relacionado co emprendimento. A persoa orientadora terá que acompañar e asesorar ao emprendedor durante todo o proceso da posta en marcha do proxecto.

5.CONCLUSIÓN

E como conclusión, a persoa orientadora deberá informar, asesorar, acompañar e apoiar a que as persoas usuarias do Servizo de Orientación acaden os seus obxectivos profesionais e fagan realidade os seus sonos.

BIBLIOGRAFÍA

Instituto Galego de Promoción Económica
Servicio Público de Empleo Estatal
Consellería de Traballo e Benestar



Accede o meu perfil de twitter.http://www.twitter.com/Xandrascruz
A continuación, o video "Donde  tus sueños te lleven"

No hay comentarios:

Publicar un comentario