29 de julio de 2015

Reflexión Módulo1, marco conceptual, Susi

REFLEXIÓN: MÓDULO 1, marco conceptual. Susi Do Nordés



Empezamos o 13 de xuño de 2015 o Postgrao de Especialización en Orientación Laboral, que consta de 3 Módulos desenvolvidos con tres puntos de vista: conceptual, personal e instrumental. O día 18 de xullo de 2015 rematamos cunha revisión xeral, o módulo primeiro con 5 temas do marco conceptual. Resumo a miña reflexión, cunha frase, certamente paradóxica: “Orientar ao orientador que orienta”.


O MARCO DE REFERENCIA DA ORIENTACIÓN LABORAL


“Onde estamos, onde imos”. Dende a referencia de partida chegamos ás tendencias do próximo futuro chamado “Estratexia 2020”.


Cunha visión de integración do Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE) e Servizo Público de Emprego de Galicia (SPEG), xunto aos Servizos de Emprego do resto de autonomías chegamos á integración do Sistema Nacional de Emprego. A análise do marco actual da política de emprego e das políticas activas en España recollidas no Plan Anual de Política de Empleo (PAPE), a Estratexia de Activación para o Emprego, o Plan anual de Reformas de España 2015 e Reformas das Políticas Activas de Emprego en España, compoñen os ámbitos,  obxectivos e financiamento da Estratexia Española de Emprego nos periodos 2012-2014 / 2014-2016, en tramos anuais no Plan Anual de Reformas de España 2014 e son a grandes rasgos as medidas para loitar contra o desemprego e as consecuencias sociais da crise, as Políticas Activas de emprego. Desemprego xuvenil. Educación, Formación Dual (reforma educativa) e Apoio ao emprendemento. E, por suposto, todo o anterior ven marcado pola política de emprego en Europa na Estratexia Europea de Emprego 2020..


Teresa Bernal, xefa do Servizo de Orientación Laboral da Consellería de Traballo e Benestar, relatora da xornada e fixo fincapé nos servizos para a mellora da empregabilidade, o Programa de Garantía Xuvenil e as axudas cara o autoemprego.


O MERCADO LABORAL


"Os pés na terra, análise dos datos, o nivel que reflícten as estatísticas".


Tratamos o mercado laboral composto pola oferta e a demanda de traballo, o equilibrio no mercado segundo a formulación keynesiana. Os tipos de desemprego, causas e efectos do paro, análise segundo os indicadores do mercado de traballo a través da Enquisa de Poboación Activa (EPA) e taxas. O mercado de traballo actual, relacións laborais e normativa. O comportamento das ocupacións. Os novos xacementos de emprego. Os perfís profesionais da oferta de emprego. As ocupacións, instrumentos e ferramentas para o estudo do mercado de traballo. Os Observatorios Ocupacionais do SEPE, do SPEG e o Observatorio Europeo de Emprego (OEE). A prospección do mercado de traballo. Emprego Público. Traballo por conta allea e conta privada. Axudas e Subvencións.


Fernando Agulló, profesor da Facultade de RRLL da UDC, relatou os contidos teóricos e os tratamentos dos datos para o estudo do mercado de traballo e os movementos empresariais e ocupacionais.


CERTIFICACIÓN E FORMACIÓN PROFESIONAL


“A maneira de mellorar para ser cidadáns e profesionais competentes”.


O Sistema Integrado de Formación profesional é o conxunto da Formación Reglada en ciclos, Formación Ocupacional para o emprego en certificados profesionais e a Formación continua en módulos, en xeral. Os obxectivos da integración é manter a convivencia en harmonía e chegar con homologacións, equivalencias e accesos ao maior vértice do Sistema Educativo que é o Universitario.
Os instrumentos fundamentais reguladores na articulación do novo sistema son o Instituto Nacional de Cualificaciones (INCUAL), o Sistema Nacional de Cualificaciones e Formación Profesional (SNCFP) o Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais (CNCP), o Marco Europeo  das Cualificacións e o Instituto das Cualificación Galego.”.


Elena González de la Cámara e Ana Ferreiroa  foron as relatoras en dúas xornadas diferentes complementándose. A primeira sesión serviu para desmenuzar o sistema integrado de formación compoñentes, instrumentos e unidades e a segunda para compoñer as cualificacións, e os certificados profesionais nas unidades de competencia. Explicou o estado actual do desenvolvemento da integración do sistema educativo e o Catálogo..


Todo un glosario conceptual de termos e estruturas: cualificación, competencia, unidade de competencia. módulo formativo.  Recoñecemento e Acreditación validación da experiencia profesional e vías non formais de formación, información, orientación, requisitos, procedemento para a acreditación de competencias. Certificados de Profesionalidade. Formación para o Emprego. Modalidades e lugares de impartición da formación referida a Certificados de Profesionalidade.





A POLÍTICA SOCIAL E DE EMPREGO NA UNIÓN EUROPEA.


“Somos cidadáns europeos, asumir, asimilar, ter conciencia dos nosos dereitos e deberes e o coñecemento de linguas facilitará o percorrido do camiño”.


Orixe e evolución da política social e de emprego na Unión Europea. A Estratexia Europea de Emprego (1997 - 2005). Post Lisboa (2010 -2020).
Institucións e organismos comunitarios e actuantes en materia de emprego. A Libre circulación na UE. Rede Eures. Rede Europea de Servizos de Emprego e Membros nacionais de Eures.
Os fondos para o financiamento das políticas de emprego. O Fondo Social Europeo (FSE) 2014 - 2020 e principais novidades nos fondos asociados a política de cohesión europea, modificación do FSE polo Fondo Europeo de Adaptación á Globalización (FEAG) e a súa diferencia con fondos estruturais.
O programa PROGRESS. Programa da Unión Europea para o Emprego e a Innovación Social (EASI). Programa EASI. Eixe PROGRESS. Programa EASI. Eixo Microfinanciamento e Emprendemento Social. Programa de Dereitos, Igualdade e Cidadanía.


As politicas activas e pasivas de emprego na UE e en España, Orientación e obxectivos das Políticas activas de Emprego e do mercado de traballo na perspectiva da Estratexia Europea de Emprego. Medidas de políticas activas/políticas pasivas de emprego, xustificación das políticas pasivas. Características das prestacións.


Cristina Couto, coordinadora de Europe Direct da Deputación da Coruña fixo un relatorio dende a Rede Eures ata a Solvit que resolve problemas dos cidadáns cas institucións europeas, con exemplo de casos prácticos e videos.  


A INICIATIVA EMPRENDEDORA COMO FORMA DE ACCESO AO MERCADO LABORAL


“Xogando a ser empresarios”.


Emprendemento, beneficios sociais da creación de empresas e do emprendemento social. Factores de desmotivación emprendedora. Efectos da Economía Social. Elementos esenciais no proceso de creación de empresas  A idea e súa validación. O Modelo de negocio. O deseño empresarial. A persona emprendedora,  características personais e consecuencias da decisión de emprender. O plan de empresa: que é, para que e como se elabora. O asesoramento a emprendedores no proceso de creación de empresas.  As fases de creación da empresa. As claves para asesorar a persoas emprendedoras.


Fernando Agulló, de novo relator, desenvolve os conceptos clave dos parágrafos anteriores e encoméndanos a tarefa calificable crear “unha empresa” no modelo Canvas, traballo de equipa, con grupos deseñados pola docente Maite Deus, a través dun cuestionario persoal.




E aquí non se acaba a historia, dende o primeiro día intercalamos sesións con Carlos Parada que adicase a impartir o referente a técnoloxia dixital e a poñernos ao día nas ferramentas das novas tecnoloxías usando dende o primer día gmail, spotify, twitter, goo.gl, storify, tagxedo, google+, drive, bloggeer, about.me, linkedin, con storifys de todas as sesións, realizados dos chíos do grupo de traballo e ameaza con máis…


Enlaces:

Servicio Publico de Emprego

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada