4 de noviembre de 2015

REFLEXIÓN XERAL E INDIVIDUAL DO MÓDULO 3



O MARCO INSTRUMENTAL DA ORIENTACIÓN LABORAL E O PLAN DE EMPRESA

E chegamos ao remate do curso de Postgrao de Especialización en Orientación Laboral, neste módulo terceiro e derradeiro, reflíctese dunha maneira exhaustiva o traballo, función e tarefas do orientador/a, pola ponente dona Mª Teresa Deus Trasobares e, o plan de viabilidade do previo e anterior plan de empresa, xa tratado e iniciado no Módulo I, polo ponente don Fernando Luis Agulló Leal. Tamén, é dunha maneira sesuda, as tarefas do manexo das Tic´s a través dunha morea de tarefas, dende facer perfis profesionais nas redes, dinamización de grupos nas mesmas co obxectivo de conseguir habilidades, a través, do seu manexo para obter confianza do seu posterior uso, no noso posto de traballo. A utilización de aplicacións informáticas co uso das TIC´s para curar a información e comunicacións xerada cada día, desenvolver a nosa identidade dixital profesional, conseguir a consolidación dos compoñentes deste curso con tarefas grupais e o seguimento de espazos abertos para este fin, como Orientación Galicia, hanstag no twitter, cafetería e a posta de música no spotify, e o uso masivo das distintas redes. Dende o inicio deste bloque, a través das tarefas e a dinamización grupal, de xerar dous comentarios por cada publicación, seguindo a regra “2x1” e subindo estes ao caderno de Bitácora como si foramos os capitáns da nosa navegación nos mares das redes. Só que en vez de océanos mariños, o noso timón surcaba no mar das redes sociais e profesionais, dende as nosas contas e perfís profesionais. Por suposto, agotador…



O traballo do orientador laboral,

Detémonos aquí, no análise dos modelos de intervención en orientación laboral: modelo didáctico, de asesoramento, centrado nos recursos. Marco metodolóxico de intervención en España. Tendencias actuais da orientación profesional na Unión Europea. Un modelo de metodoloxía de intervención. Principios nos que debe basarse a orientación laboral. Accións a realizar. Atención á diversidade: igualdade e inclusión social. Colectivos vulnerables. Actuacións para a mellora da empregabilidade das persoas con discapacidade. Análise da problemática engadida. Necesidades de traballo no entorno. Necesidade de Servizos de Orientación Laboral específicos para persoas con discapacidade. Perfil do orientador laboral. Proceso de orientación e inserción laboral para persoas con discapacidade. Entrevista inicial, orientación laboral, incidencia no tecido empresarial das diferentes zonas de Galicia. Webs relacionadas coa discapacidade.

A integración, desagregación, utilización como guías flexibles selectiva ou alterna dos tres modelos, dependerá dos tipos de accións que se planifiquen e obxectivos que se persiguen alcanzar, aínda que a orientación concíbese como un proceso continuo que remata ao final da vida.
Os principios da orientación:
- individualización
- flexibilidade
- desenvolvemento/busca da autonomía
e teñen que facilitar a persoa pensar sobre si mesma e a súa traxectoria para indagar nas seguintes áreas: planificación, motivación, información e habilidades, acordando levar a cabo a intervención con atención individualizada, accións grupais, obradoiros de recursos persoais, obradoiros de busca de emprego.
Os modelos de intervención na orientación deben de funcionar como una guías flexibles e complementarias que se adapten ás necesidades do momento, persoas que participan no proceso e dos obxectivos comúns do proceso orientador.
As tendencias actuais de orientación conciben que é un proceso continuo dende as primeiras edades do individuo con potenciación no ámbito universitario, profesional e ocupacional, no ámbito comunitario, social e laboral e remata ao final da súa vida. Asume a dimensión europea nas políticas de emprego e a integración no proceso educativo. O rol de axentes de cambio e dinamizadores do procesos de innovación da participación activa. Unha aposta pola liberación e autonomía.




Tema 11.- Intermediación laboral ten que actuar na motivación do individuo, traballar coas familias e analizar ben o entorno social, formativo, empresarial e as necesidades de traballo para propoñer alternativas reais ao usuario do servizo.

Tema 12.- Itinerarios de inserción son un conxunto de accións composto de tres fases diferentes nun proceso: un diagnóstico personalizado, unha intervención orientadora, na que coexisten actividades individuais e grupais e unha supervisión ou evaluación contínua. O itinerario supón un cambio na mellora das competencias, autoconcepto e autoestima. O seu esquema ten as fases seguintes: acollida, orientación, formación, formación en contexto laboral, intermediación, ocupación/emprego, peche, O orientador/a nestas fases indagará na planificación, motivación, información e hablidades para o desenvolvemento da intervención.

Os orixes da orientación, como se entende hoxe, aparecen na década dos sesenta cun importante desenvolvemento e consolidación dos seus servizos. Dende o Tratadado de Roma, no ano 1957, se sentan as bases do que será a nova orientación cun carácter público e institucional, se concibe como un proceso continuo que acompaña ao individuo ao longo de toda a súa vida, tanto no ámbito educativo, como no laboral, con atención especial aos mozos, mulleres, minusválidos, inmigrantes, etc. Dende 1980 as funcións da orientación vense multiplicadas debido ao desemprego e á nova situación económica. No 1986 se establecen os principios xerais para a creación dunha política común de Formación Profesional coa posta en marcha de programas de acción específicas da Comunidade é no 1987 se elabora o estudo sobre os sistemas de orientación dos diferentes países membros (informe Watts, 1987), que é realmente cando se orixina a orientación tal e como a coñecemos hoxe.
Tema 13.- Procesos individuais de orientación e axuda na toma de decisións: Funcións, tipos de entrevista, regras de comunicación verbal, expresións, regras de comunicación non verbal, recomendacións sobre o que se valora positivamente nunha entrevista personal. Partes da entrevista. A entrevista de orientación laboral. Diagnóstico en orientación. Entrevista de selección por competencias. Fases de proceso de selección. A orientación laboral na Unión Europea. Orixes, estruturas e dispositivos de orientación profesional nos diferentes estados membros. Características máis destacadas dos diferentes sistemas de orientación. Aspectos diferenciais e características comúns aos Servicios de Orientación Laboral na Unión Europea. Web de interese.

Este tema é unha visión panorámica da orientación na UE.
A entrevista de orientación é un proceso de comunicación entre dúas ou máis persoas que ten como finalidade determinar a adecuación do/a candidato/a a un determinado posto de traballo. Son funcións do entrevistador/a: avaliar se SABE se PODE, se QUERE e do entrevistado/a demostrar que PODE, SABE e QUERE.

Tema 14.- Análise de perfís profesionais e prospección de emprego. Análise de postos de traballo, concepto, pasos para guiar á persoa usuaria. Listar fontes onde buscar información. Buscar e recoller información pertinente. Valorar intereses e motivacións. Análise funcional e transferencia das competencias. Traballo con grupos de persoas usuarias. Novos perfís profesionais, introducción, catálogo de novas profesións. Prospección empresarial, concepto de prospección, fases de prospección: fase preparatoria, fase de planificación, fase de traballo de campo, fase de avaliación e seguimento, fontes de información para a prospección, o maletín do/a prospector. Webs de interese.







Directorios de Cámaras de comercio, Asociacións empresariais, Sindicatos, Institutos de estatística, Institutos de fomento e apoio empresarial, Concellos e outros organismos públicos. Tamén os anuarios, entidades promotoras, Comunidades autónomas, revistas, diarios locais e gremiais.

Tema 15.- Técnicas e ferramentas para o acceso ao emprego e o autoemprego. O proceso de selección, canles de procura de traballo: currículo vitae, obxectivos, estructura, modelos, recomendaciones, cartas de presentación, estrutura, tipos e outras ferramentas. Entrevistas de selección, tipos, probas de selección: psicotécnicos, dinámicas grupais, profesionais, de cultura xeral, motivacionais, personalidade, test aptitucional, análise grafolóxico. Assesment Center, dinámicas de grupo. Rede de contactos networking. Sesión e xestión emocional dos contactos.

Tema 16.- A elaboración do plan de empresa.

Parte 1: En primeiro lugar o plan de empresa e estudo do mercado, obxectivos, fases da elaboración, a actividade da empresa, coñecer cal é e como é o mercado no que vai a operar a empresa, como vender, fases, as fontes de información, o contorno e a creación de empresas. En segundo lugar a análise DAFO, as variables da mercadotecnia, o produto o servizo prezo, formas de fixar o prezo, a distribución. A segmentación do mercado. A estrateixa, liderado e custos, a diferenciación, a especialización, requisitos para a elección da estratexia. A previsión de vendas, a cota de mercado.

Parte 2: Análise económico e financeiro: estudo de viabilidade, análise financiera, o balance, técnicas de análise, técnicas gráficas: O fondo de manobra. Técnica númerica: as porcentaxes e índices e os ratios. Técnica de ratios.

A Análise económica: A conta das perdas e ganancias, técnicas de análise, técnica gráfica, númerica, por porcentaxes e índices, de ratios. O VAN (Valor actual neto) e a TIR (Tasa Interna de Retorno). O punto morto ou limiar de rendabilidade.



Bibliografía e Webgrafía:

  • Portal do Ministerio de Emprego e Seguridade Social. SEPE

2 de noviembre de 2015

REFLEXIÓN INDIVIDUAL DO MÓDULO III: FERRAMENTAS DE INSERCIÓN.





INTRODUCIÓN

Neste marco instrumental do módulo III analízase en profundidade todas aquelas accións de información, orientación profesional, motivación, asesoramento,diagnóstico e determinación do perfil profesional e das competencias,diseño e xestión da traxectoria individual de aprendizaxe,procura de emprego e intermediación laboral  que debe devolver o persoal de orientación laboral no desempeño diario  do seu traballo e as ferramentas para levar  levar a cabo estas accións. Asemesmo analízase o perfil competencial da persoa orientadora, os colectivos con  dificultades de inserción laboral. Tamén fai mención o módulo III ao organigrama dos servizos de orientación doutros países  da U.E e as funcións dos/as orientadores/as.

PERFIL DA PERSOA ORIENTADORA.

O/a persoa orientadora deberá posuir estudos universitarios de nivel medio ou superior. Terá que ter coñecementos de orientación laboral, seguridade social, pensións e prestacións,técnicas de xestión de grupos, selección de persoal e resolución de conflictos. Coñecemento do tecido empresarial da área de traballo e capacidade para procurar a información. Esixirase ter unhas competencias intanxibles como creatividade e innovación sobre novas ideas de actuación, capacidade de organización do traballo, vocación, orientación á persoa usuaria, iniciativa, responsabilidade, empatía.

COLECTIVOS CON DIFICULTADES DE INSERCIÓN LABORAL

O colectivo de persoas vulnerables atopánse en desventaxa no acceso ao emprego con respecto a outras persoas demandantes de emprego. Para eliminar estas desigualdades o personal de orientación laboral debe coñecer os factores que dificultan o acceso ao emprego e  deseñar e desenvolver accións destinadas a mellorar as condicións de empregabilidade destas persoas(formación, experiencia, habilidades sociais, información sobre o mercado de traballo, técnicas de procura de emprego, motivación, etc).

FERRAMENTAS PARA A  INSERCIÓN

A entrevista
Para realizar as funcións de información, orientación  e prospección de emprego, a persoa orientadora contan cunha técnica básica de atención e intervención , que é a entrevista. A entrevista é o punto de partida da orientación laboral.As entrevistas de intervención poderán ser individuais o grupais, segundo as necesidades na persoa orientada. Polo tanto ten que ser un instrumento flexible adaptado as circusntancias persoais da persoa orientada en todo o proceso de orientación.
A entrevista individual ten como finalidade:
  • Recoller información sobre a traxectoria formativa e laboral do demandante, os seus hábitos de procura de emprego,  súa situación social,características pesoais e a dispoñibilidade.
  • Avaliar o seu obxectivo profesional e analizar as accións a corto prazo para conseguilo (planificación).
  • Actitudes da persoa ante o emprego
  • Información profesional
  • Habilidades para encontrar un traballo e a súa efectividade.
As entrevistas individuales terán una duración aproximada de 60 minutos e poderán realizarse ata un máximo de 10.

As entrevistas grupais poderán realizarse para traballar aspectos concretos da intervención laboral para mellorar a empregabilidade e propiciar actitudes postivas cara o emprego ou o adestramento en técnicas de procura de emprego : talleres de recursos persoais ou talleres de procura de emprego. 

Itinerario personalizado de inserción

O itinerario de inserción e un conxunto de accións que se organizan nun proceso personalizado e lóxico que ten como obxectivos a inserción sociolaboral e o desenvolvemento profesional dos /as usuarios/as que participan no mesmo, especialmente a través da información e o asesoramento individual e grupal. 
A persoa orientadora deberá deseñar, realizar e facer o seguimento dos itinerarios individuales e personalizados que inclúan unha proposta de derivacións de accións  para a mellora da empregabilidade (desenvolvemento de aspectos persoais, procura activa de emprego, traxectoria formativa, emprendemento). O itinerario cubre a maior parte das necesidades da persoa e a fortalece para adaptarse aos cambios do contorno.

O Plan de empresa

A persoa orientadora deberá asesorar aos emprendedores sobre os plans de negocio e deberá acompañalos durante todo o proceso de elaboración do mesmo. O plan de viabilidade e unha ferramenta de comunicación interna e externa. Interna porque serve para pór por escrito os aspectos do negocio acordados polos promotores e é unha ferramenta de comunicación externa porque serve para mostrar a entidades financeiras o proxecto  e a súa viabilidade para conseguir financiamento.
A persoa orientadora deberá incentivar e poñer os medios dispoñibles para o apoio as iniciativas emprendedoras e a mellora da cualificación.

Ferramentas propias da selección de persoal

O currículo 

É a ferramenta fundamental para a procura de emprego. O currículo mostra a traxectoria formativa e laboral da persoa usuaria do servizo. O currículo ten unhos apartados comúns como son: datos persoais, formación reglada e complementaria, experiencia laboral, idiomas, coñecementos de informática e outros datos de interese.Pero tamén pode aparecer o obxectivo profesional, as competencias adquiridas na súa traxectoria persoal e profesional, referencias , logros.

A carta de presentación.

A carta de presentación debe acompañar sempre ao currículo, e debe resaltarse nela todo o adecuado para o posto de traballo ofertado.

Videocurriculum

Currículo creativo sobre todo para perfís relacionados con actividades creativas.

Ferramentas con soporte 2.0: portafolios dixitais, infografías, páxinas web profesionais, blogue profesionais.

A entrevista de selección.

A persoa orientadora deberá dar a coñecer ás persoas usuarias para que serve a entrevista de selección, as formas que adopta, tipos,que valoran os entrevistadores durante a realización. Hai que preparala en profundidade coas persoas demandantes porque nela ponse de manifesto as habilidades sociais, emocionais e as aptitudes persoais.

Dinámicas grupais.

As dinámicas grupais teñen como finalidade avaliar o comportamento do suxeito dentro nun grupo ante unha situación determinada. O grupo debe resolver un problema nun tempo concreto e o persoal técnico observa o comportamento de cada persoa no contexto da interacción grupal. Nestas probas avalíase sobre todo o liderado, a empatía, comunicación, negociación, traballo en equipo, iniciativa, etc.

Probas psicotécnicas

Probas técnicas específicas

Test de aptitudes

Análise grafolóxico

Networking para a procura de oportunidades profesionais.

Recursos para o autoemprego: webs do Igape, web da Consellería de Traballo e Benestar, asesoria virtual de cooperativas, web do Consello Galego de cooperativas, rede Eusumo, oficina do empregador.


Prospección de empresas

O persoal de orientación deberá xestionar ofertas de emprego adecuadas aos destinatarios, incentivando a captación das mesmas a través dun sistema de intermediación eficaz. Tamén deberá contactar coas empresas para difundir información sobre iniciativas que favorezcan a inserción laboral, facendo unha prospección das necesidades das empresas e o emparellamento entre as ofertas e as demandas de emprego, e o afloramento de ofertas latentes. Apoio as iniciativas emprendedoras e a mellora da cualificación.

A ORIENTACIÓN LABORAL NOUTROS PAÍSES DA U.E:DIFERENCIAS

  • A localización dos servizos de orientación sitúanse en centros educativos; organizacións empresariais, sindicais,
  • Áreas de intervención: educativa, laboral, persoal e social.
  • O desenvolvemento das tarefas que varía dependedo dos profesionais, da duración e da formación dos profesionais.

Perfís: conselleiro de orientación, psicólogo-orientador, profesor-orientador,insertor laboral, informador.

É para concluir a exposición do tema, un videocurriculum.